REDE DE RECURSOS TURÍSTICOS DA POBRA DO BROLLÓN: "MINA DOS MEDOS"

REDE DE RECURSOS TURÍSTICOS DA POBRA DO BROLLÓN: "MINA DOS MEDOS"

Febreiro 03/concello/Xeral

A aposta do Concello da Pobra do Brollón por impulsar o turismo ten un dos seus alicerces fundamentais na Rede de Recursos Turísticos. Coa creación da Rede preténdense divulgar e poñer en valor os principais recursos turísticos do municipio. Un dos proxectos municipais que contou coa colaboración do GDR Ribeira Sacra O Courel e que se acaba de executar recentemente, é o de “Valorización do recurso turístico: Mina romana dos Medos”. A actuación consistiu na limpeza e habilitación dun sendeiro de acceso e a instalación dun panel interpretativo.

A mina dos Medos é unha explotación aurífera romana ao descuberto. Estamos nun xacemento secundario. Nos primarios o ouro extraíase do propio filón, mentres que nos secundarios extraíase o ouro das acumulacións de materiais produto da erosión dos xacementos primarios.
O aproveitamento conseguiuse primeiro, mediante o sistema de lavados superficiais. Posteriormente utilizouse un sistema de extracción máis elaborado, o de sucos converxentes, magníficamente conservados en boa parte da súa superficie.
A zona de explotación está dividida en dous niveis: o máis baixo á beira do río Saa con estruturas difíciles de distinguir e a zona de explotación con sucos converentes onde podemos ver claramente os depósitos de áridos resultantes do lavado do aluvión.



RELATED POSTS