Rus-tics: Formación en novas tecnoloxías para persoas maiores de 55 anos

Rus-tics: Formación en novas tecnoloxías para persoas maiores de 55 anos

29 Maio 2025/concello/Xeral

Na segunda quincena de xuño a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá uns cursos para mellorar a relación coas novas tecnoloxías das persoas maiores de 55 anos. Tamén poden participar acompañantes: netos, fillos ou coidadores.

Ofreceranse dous cursos: unha de formación básica para o uso de internet e aplicacións co móbil, e outro de trámites e xestións persoais por internet. Cada participante debe realizar ambos cursos. O contido pódese adaptar ás necesidades dos e das participantes.

O básico de internet e aplicacións será entre semana en horario de 10:00 a 12:30, os días 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26 e 27 de xuño. O curso de trámites será os días 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 10:00 a 12:40.

As inscricións realízanse nas oficinas de Servizos Sociais no teléfono 982 430 447 ou na Fundación Impulsarse no teléfono 697 812 560 (Andrea) ou por correo electrónico en andreanoafundacion@gmail.com.



RELACIONADO