Please enable JS

Un mes de agosto de teatro e maxia

Un mes de agosto de teatro e maxia

Xuño 13/nemesis/Cultura

O concello da Pobra do Brollón xestionou formar parte do programa Cultura no Camiño. Esto supón que @s veciñ@s e a mocidade do concello terán catro actividades de maxia e teatro. Todas as actuacións desenvolveranse na área recreativa Samugueiros. 

A primeira cita será o 9 de agosto con Creacións máxicas e audiovisuais co espectáculo de maxia “A volta a Galicia en 313 concellos” que terá lugar ás 17.30.

O 11de agosto ás 18.30 haberá teatro infantil co Bandullo azul, que interpretarán “Mar adiente! Flipa cos contos”. Volverá a haber teatro infantil o día 14 ás 18.30, Pucho e gabardina presentarán o espectáculo “O misterio das burbullas”. O ciclo Cultura no Camiño rematará o día 17 de agosto ás 18.30 co mago Deimi e o seu espectáculo “Apren-Deimi”.

Todas as actividades son de balde, así que non perdades a oportunidade de gozar con estas propostas para todos os públicos, pero especialmente destinadas a mellorar o tempo de lecer d@s máis nov@s na época estival.



RELATED POSTS