A unidade móbil para o ITV de vehículos agrícolas estará na Pobra do Brollón do 4 ao 6 de maio

A unidade móbil para o ITV de vehículos agrícolas estará na Pobra do Brollón do 4 ao 6 de maio

13 Abril 2022/concello/Xeral

Os días 4, 5 e 6 de maio desprazarase á Pobra do Brollón a Unidade Móbil para realizar a Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas.

Estará situada na pista que vai ao campo de fútbol de 9:30 a 13:330 e de 15:15 a 18:00, excepto o día 6 que estará unicamente en horario de mañá.

A cita previa debe solicitarse no teléfono 902 309 000 ou a través da web sycitv.com.

 



RELACIONADO