Please enable JS

XXVII Edición da Feira do Viño de Vilachá

XXVII Edición da Feira do Viño de Vilachá

Abril 19/nemesis/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón ven de pechar o programa oficial para a XXVII Edición da Feira do Viño de Vilachá que terá lugar os días 5 e 6 de Maio próximos.

O Sábado día 5 farase a apertura das adegas e postos de comida ás 12:00h. Ás 18:00h haberá un pasarrúas cos grupos de Cantos de Taberna Macizas Centrais, Os amigos do Caldeiro, Os Galochas, Os Palletas, Os Recuncados, Os Somontanos, Raíces do Campo, Somosche D´Herbas e Son do Mao que amenizarán a xornada ata que ás 21:30h actúe o grupo Fanfarria Takicardia.

Nesta primeira xornada do sábado a TVG retransmitirá desde Vilachá en directo o programa Aquí Galicia, de 16.30 a 19.00. Así que se non podes achegarte, podes seguir a festa en Aquí Galicia.

O Domingo 6 abrirase a xornada ás 11:30h cunha alborada que levará a cabo o grupo de gaitas da Escola Municipal de Música. Ás 12:00h haberá un novo pasarrúas cos grupos de cantos de taberna Cantareiros da Unión, Os Estoupafoles e Skachakunchas que porán o ritmo e o ambente musical á feira ata as 13:00h momento no que o escritor, xornalista e actor Antón Lopo levará a cabo o pregón da feira. Logo de xantar, cara ás 15:30h haberá unha nova actuación que levará a cabo a Charanga Mil 9.

Lembrarvos que haberá servizo de autobuses desde A Pobra (concello) e desde Monforte (A Compañía). O Sábado a saída será ás 18:00h da tarde e o regreso ás 03:00h da madrugada. E o Domingo a saída será ás 12:00h e o regreso ás 21:00h

A Feira do Viño de Vilachá é unha das máis características e enxebres de Galicia por facerse nas centenarias adegas de Vilachá. Este enclave cheo de pedras e árbores centenarias garante unha fin de semana de etnografía, viño e diversión.

Agardámosvos a tod@s!!!



RELATED POSTS