Please enable JS

POLÍTICA DE PRIVACIDADE DO CONCELLO DA POBRA DO BROLLON

1.- O CONCELLO DA POBRA DO BROLLON adoptou as medidas e niveis de seguridade esixidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD), e demáis normativa que a desenvolve, conforme aos datos que almacena e trata. Os procedementos, normas e medidas establecidas poderán ser susceptibles de mellora como consecuencia de futuros cambios no sistema de información do Responsable do Ficheiro. Igualmente, poden verse afectados ante modificacións realizadas sobre a lexislación vixente en materia de protección de datos.

2.- CONCELLO DA POBRA DO BROLLON implantou todas as medidas técnicas ao seu alcance para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información recabada a través da súa páxina web www.concelloapobradobrollon.es

3.- A información obtida por CONCELLO DA POBRA DO BROLLON dos distintos usuarios que visitan e interactúan coas páxinas e seccións localizadas en www.concelloapobradobrollon.es, será rexistrada nun ficheiro, propiedade de CONCELLO DA POBRA DO BROLLON, inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos.

4.- A finalidade da recollida e tratamento de datos será a de poder contactar co usuario que visita e completa os formularios existentes no sitio Web, agora ou no futuro, para cuestións derivadas da propia relación que se estableza entre ambas partes e o envío de comunicacións sempre relacionadas cos servizos ou actividades do CONCELLO DA POBRA DO BROLLON

5.- A cumplimentación dos formularios, o envío de correos electrónicos ou a utilización doutros mecanismos de comunicación ofrecidos en www.concelloapobradobrollon.es, implican o consentimento expreso do usuario ao tratamento dos seus Datos de Carácter Personal por parte do CONCELLO DA POBRA DO BROLLON, coas finalidades expresadas no apartado 5

6.- Calquera usuario que o desexe, pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, con arreglo ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Datos de Carácter Persoal (LOPD) y demáis normativa aplicable ao efecto, mediante o envío dunha solicitude escrita e firmada, incluíndo o seu nome, apelidos e fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo válido, na que se solicite o exercicio daqueles dereitos que desexe, a CONCELLO DA POBRA DO BROLLON, Avenida Avda. de Galicia 50, 27330 A Pobra Do Brollon (Lugo). Este servizo non terá custe algún para o solicitante.

7.- Cando un usuario accede á páxina web de CONCELLO DA POBRA DO BROLLON pode quedar rexistro de parámetros tales como a dirección IP do usuario que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora da conexión..., que non pretenderán en ningún caso unha finalidade que non sexa a meramente estatística. Calquera outro dato de carácter personal tipo nombre, enderezo, teléfono, correo electrónico… que non poida ser recabado co mero feito de navegar polas páxinas existentes nun sitio Web, non estará dispoñible para a entidade CONCELLO DA POBRA DO BROLLON se o propio usuario non o proporciona nun formulario disposto para tal fin.

8.- CONCELLO DA POBRA DO BROLLON resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web ou na configuración e presentación desta.

9.- CONCELLO DA POBRA DO BROLLON non garante a inexistencia de erros no acceso ao sitio Web ou no seu contido, nin que este estea actualizado, aínda que empregará todas as medidas que estean ao seu alcance para evitalos ou subsanalos.

10.- CONCELLO DA POBRA DO BROLLON non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos amosados na conexión a enlaces de terceiros aos que se fai referencia na web.

11.- A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de CONCELLO DA POBRA DO BROLLON, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. Tanto o acceso a esta web como o uso que poida facerse da información contida na mesma é responsabilidade exclusiva de quen o realiza.

12.- CONCELLO DA POBRA DO BROLLON non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático do usuario como consecuencia da presencia de virus no ordenador empregado para a conexión aos servizos e contidos de www.concelloapobradobrollon.es, dun mal funcionamiento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.