Unha experiencia natural

Hai cousas que non se poden explicar. Para entendelas hai que sentilas, tocalas, ulilas e incluso saborealas. Un bo cocido nunha casa de turismo rural despois dunha ruta en plena natureza, un paseo á beira do río para despois tomar uns viños, quedarse sentad@ á beira dun sequeiro mentres as castañas can sobre as follas secas no outono, respirar o aire puro de primeira hora da mañá cando as néboas se comezan a erguer nos cumios…iso é A Pobra do Brollón. Unha experiencia natural.