A situación do Covid-19 no noso municipio - ACTUALIZACIÓN

A situación do Covid-19 no noso municipio - ACTUALIZACIÓN

27 January 2021/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN

A día de 1 de febreiro de 2021, segundo os novos datos que recibimos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, no municipio temos actualmente un total de 9 casos positivos por Covid-19.

Tódalas persoas están en illamento. Hai 9 persoas en corentena por contacto con persoas contaxiadas, aínda que todos deron negativo na proba PCR. Hai 2 contactos pendentes de resultado.

Seguiremos informando a medida que teñamos máis datos relevantes.

Insistimos na importancia de seguir as medidas sanitarias en vigor para evitar novos contaxios. Consúltaas ao completo neste enlace.

  • Lembra que non está permitido reunirse con persoas coas que non convivas (agás nas actividades xustificadas).
  • No caso de entrar en contacto con persoas non convivintes, mantén a distancia, usa a máscara e desinfecta as mans frecuentemente. Procura ventilar espazos pechados adecuadamente.
  • Está prohibido saír do municipio, agás para o imprescindible (ir ao traballo, a un centro sanitario ou educativo).


RELACIONADO