Aberto o prazo de presentación de ofertas para a xestión do quiosco

Aberto o prazo de presentación de ofertas para a xestión do quiosco

18 March 2021/concello/Xeral

Xa está aberto o prazo de presentación de ofertas para a adxudicación do servizo de xestión do quiosco da área recreativa ‘Sanugueiros’.

O período de apertura do quiosco será dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro, entre as 15:00 e as 21:00 (como mínimo), puidendo establecer un día de descanso semanal. 

Poderá establecerse unha zona de terraza duns 40m2. A xestión do quiosco implica tamén a limpeza do local, das inmediacións e do aseo da instalación.

As ofertas débense presentar no Rexistro do Concello antes das 14:00 h do 15 de abril. A presentación de proposicións presume a aceptación das cláusulas contidas no prego, publicado o 16 de marzo no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica.



RELACIONADO