Salida a Xinzo de Limia en el marco de la iniciativa 'Bancada Feminina'

Salida a Xinzo de Limia en el marco de la iniciativa 'Bancada Feminina'

19 Noviembre 2025/concello/Xeral
'Bancada feminina' é unha nova iniciativa da Concellaría de Igualdade do Concello da Pobra do Brollón para visibilizar o colectivo feminino do C.D. Brollón.
 
A primeira acción será este domingo 23 cunha saída a Xinzo de Limia para ver o partido C.D. Brollón - Antela FC B.
 
É unha actividade aberta, previa reserva no teléfono 722671662. O prazo para anotarse remata este venres 21 ás 20:00h.
 
A actividade finánciase grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
 
Bancada Feminina' enmárcase no II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello da Pobra do Brollón, especificamente na Líña 4: 'Promover espazos libres de violencia de xénero'. O Plan pódese consultar neste enlace.
 


RELACIONADO