A mostra 'Fontes de solidariedade' dá a coñecer iniciativas de cooperación en países da África lusófona, como dotar de auga potable as aldeas de Guinea-Bissau, fomentar a agricultura en Cabo Verde ou previr os ataques dos crocodilos en Mozambique.
Son proxectos impulsados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello da Pobra do Brollón.
A exposición está formada por 6 lonas nas que os textos e fotografías se complementan con debuxos elaborados polo alumnado da escola construída en Guinea-Bissau.
Pódese ver a mostra ata o 15 de febreiro no exterior do colexio da Pobra do Brollón, no valado do patio.
Dende o Concello da Pobra do Brollón agradecemos a colaboración do CEIP Plurilingüe A Pobra do Brollón para a súa instalación.
