El Ayuntamiento de A Pobra do Brollón busca soluciones ante la presencia de lodo en el agua de consumo

El Ayuntamiento de A Pobra do Brollón busca soluciones ante la presencia de lodo en el agua de consumo

14 Septiembre 2023/concello/Xeral
  • Os ríos que abastecen a gran parte das casas do municipio veñen con moito lodo debido á combinación de chuvias torrenciais e o estado dos montes tras os incendios do ano pasado 
  • O alcalde Xosé Lois Maceda está en conversa con diferentes institucións para buscar solucións
  • O Concello ofrecerá un servizo de reparto de auga para as parroquias afectadas

As chuvias torrenciais dos últimos días, unido ao estado do monte tras os incendios do ano pasado e as consecuentes sacas de madeira, provocaron arrastres que están a encher de lodo os ríos Loureiro e Lor, que abastecen de auga a gran parte do municipio da Pobra do Brollón.

Ante esta situación, o Concello da Pobra do Brollón viuse obrigado a emitir dous bandos nos que se recomenda, ata novo aviso, non consumir a auga da billa nas zonas de Barxa de Lor, Pereiro, Domiz, Recemunde, Tudriz, Martul, Vilardeperas, Lamaigrexa, Castroncelos, Vilarmao, Piñeiros, A Estación, Cereixa, Abrence, Frieira, Pinel e A Pobra do Brollón.  Tamén estaban indicadas Eixón e Fornelas, pero actualmente xa non son zonas afectadas.

O noso concello é vítima dunha situación derivada dunha grave crise medioambiental provocada polos grandes incendios vividos o verán pasado,’ declara o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. ‘É previsible que nos vindeiros días coa amaina da chuvia, mellore o estado da auga; pero esta situación seguramente se vai repetir ao longo do outono-inverno.’

Maceda aclara que está en conversa con outras institucións para tratar de arranxar a situación, entre elas, co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. O rexedor tamén acordou coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a visita dun técnico para avaliar a situación e propoñer posibles solucións. 

Entrementres, dende a área de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón, ponse en marcha un servizo de reparto de garrafas de auga ás parroquias afectadas, especificamente, aos usuarios de Axuda no Fogar e a aquelas casas onde viven persoas de colectivos vulnerables, atendendo a criterios económicos, de mobilidade ou de falta de rede de apoios. 

Dende Servizos Sociais apuntan que veciñas ou veciños nesa circunstancia de vulnerabilidade dos que non teñan coñecemento nas oficinas, poden contactar para que a súa situación sexa avaliada.



RELACIONADO