El servicio de recogida domiciliaria de residuos voluminosos comenzará a mediados de agosto

El servicio de recogida domiciliaria de residuos voluminosos comenzará a mediados de agosto

31 Julio 2025/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón levará a cabo, de xeito escalonado, un servizo extraordinario e gratuíto de recollida domiciliaria de residuos voluminosos polas parroquias. O servizo comezará a mediados do mes de agosto.

Para solicitar a recollida deben chamar ao teléfono 982 430 001 de luns a venres de 9:00 a 13:00indicando o nome, teléfono, enderezo, cantidade e tipo de enseres a recoller. Despois dende o mesmo Concello, poñeranse en contacto con vostedes para indicarlles a data e hora aproximada a fin de que poidan depositar os residuos fóra para a súa recollida. Non se recollen residuos dentro dos domicilios.

É preciso que o depósito dos residuos se faga do xeito adecuado (separados por tipo de residuo) e deixándoos na rúa o día da recollida. Os residuos que estean mesturados en bolsas ou caixas non serán recollidos.

Neste servizo recóllense residuos voluminosos que polo seu tamaño non poden ser depositados nos colectores urbanos: mobles, colchóns, somieres, lavadoras, frigoríficos, cociñas, electrodomésticos en xeral, inodoros e lavamans, táboas, televisores...

Non se recollen materiais de construción e obras, plásticos industriais, desgüaces de vehículos, aceites, rodas, roupa, lixo orgánicos, zapatos, pinturas...

Rógase a todos os veciños e veciñas a máxima colaboración para manter o noso Concello limpo e saudable evitando depositar calquera clase de residuos en lugares non permitidos, o que causa un gran impacto ambiental, grave deterioro na paisaxe e contaminación dos solos.



RELACIONADO