'Con e de curcuspín' (Anagrama, 2025), é un canto de amor ás linguas minorizadas, as que conforman unha realidade plurilingüe e diversa: ao galego, ao aragonés, ao català, ao aranés, ao asturianu, ao estremeñu, ao euskara…
Trátase dun ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa poesía habitual do autor. Será un verdadeiro luxo contar coa presenza do poeta e escritor Mario Obrero para presentar o seu novo libro na Pobra do Brollón, acompañado ademais de Olga Novo e Xurxo Ayán.
Di o autor que 'a herdanza dos pobres son as palabras'. Co pretexto deste mes das Letras Galegas, reivindiquémolas en todas as súas formas; porque, 'fronte a uns marcos cada vez máis estreitos e limitados necesitamos palabras, entes silábicos que nos fagan algo máis sinxela e esperanzada a tarefa de pensar o futuro.'
A presentación será o vindeiro luns 26 de maio ás 20:00 horas na Casa da Cultura Olga Novo, A Pobra do Brollón. A entrada é libre.