Resultados eleccións municipais 2023

Resultados eleccións municipais 2023

29 Maio 2023/concello/Xeral

O alcalde da Pobra do Brollón Xosé Lois Maceda celebra a subida dun 3% na participación nas eleccións municipais, celebradas onte domingo 28 de maio.

Maceda tamén aclara un erro nos resultados que se están a publicar nos medios de comunicación. Segundo o reconto oficial que figura nas actas, os resultados correctos son 6 concelleiros para o BNG, dous para o PP e un para o PSOE, mentres que os medios de comunicación están a falar de 5-2-2, respectivamente.

A discrepancia débese a un erro na carga de datos na páxina do Ministerio. Os resultados corrixiranse no escrutinio final este mércores 31 de maio. 



RELACIONADO