Eventos e Actividades Culturais

Somos cultura porque formamos parte dunha sociedade que se expresa dun modo determinado. Costumes, rituais, comportamentos, a música, o teatro, as tradicións, a gastronomía, as festas son cultura e A Pobra do Brollón quere potenciala e chegar a canta máis xente, mellor.

Ademais de actividades puntuais que se organizan nas parroquias, a casa da cultura é o centro principal deste tipo de actividades, desenvolvendo ao longo do ano citas culturais para todos os públicos. Temos axenda específica para celebracións como o Nadal, o Entroido ou a festa Guímara.

Co comezo do ano, na Pobra do Brollón ábrense unha morea de posibilidades para disfrutar do tempo de lecer e de actividades diferentes.

Ademáis dos días de feira que na Pobra do Brollón son os 11 e 25 de cada  mes e os días 2 na Estación, a primeira cita emblemática no concello da Pobra é o entroido.

O entroido na Pobra do Brollón ten dous escearios fundamentais: a propia capitalidade municipal e Salcedo. En Salcedo, as actividades do entroido comezan o sábado de entroido, nesa fin de semana celébrase o tradicional teatro a cargo d@s veciñ@s  e saen madamas e danzantes e o luns de entroido sae o mítico oso.

O oso e seus criados aparecen a media tarde polas rúas da aldea para tiznar e asustar a veciñ@s e visitantes. A saída do oso ten un impotarte valor etnogáfico e asóciase coa chegada da primavera. En Salcedo é sobre todo un día de festa no que o oso nos trata a tod@s por igual, para él non hai diferenzas. 

Máis información sobre o entroido de Salcedo

Mentres tanto na Pobra temos o día forte do entroido o sábado cun desfile de comparsas, carrozas e disfraces con premios para @s mellores en cada categoría.

O plan perfecto para disfrutar con nós do entroido é non faltar a ningunha cita nin en Salcedo nin na Pobra.

Avanzando no ano chegamos á primeira fin de semana de maio, cando Vilachá de Salvadur celebra a súa tradicional cata dos viños ou feira do viño. Tes visitado moitas feiras do viño? Podemos garantizarche que coma a de Vilachá de Salvadur, non.

A cata dos viños de Vilachá celébrase en adegas centenarias cheas de encanto, mentres Vilachá convértese nunha festa de música, tradición, viños e amistade. Pandillas de amig@s enchen as adegas e os camiños empedrados entre as árbores.

O 4 de xuño chegamos ao primeiro festivo local do 2018, logo da festividade do Corpus na capitalidade do concello. O seguinte será o 27 de agosto, día no que se celebra a tradicional romería campestre do San Vitoiro. Unha das romarías populares de máis sona na zona sur e que ten como escenario un paraxe idílico ao carón do río Saa, na parroquia do mesmo nome.

A segunda fin de semana de xullo, este ano o día 7, sábado celébrase a Feira Medieval Guímara no antigo campo da feira a carón do río Saa. Desenvólvense exhibicións de cetrería, de oficios tradicionais, un xantar popular, concertos,… e a escenificación da revolta dos guímaros contra o conde de Lemos

 

 

As Cores de Outono celébranse na última fin de semana de setembro. Unha cita que persegue poñer en valor a música tradicional galega. Cine e música danse cita nun festival que se leva a cabo no parque de Samugueiros da capitalidade municipal.

Na ponte de decembro celebramos Os cantos de taberna cos que fomos pioneiros hai xa 8 anos. Ademais desta cita que é unha homenaxe a pásalo ben, á cultura de bar e á tradición de cantar, nesta mesma ponte celébrase o concurso de tapas. Non tes excusa para non vir á Pobra do Brollón na ponte de decembro.

Entre outras actividades e propostas das que iremos informando no apartado de novas, na Pobra do Brollón celebramos tamén a Festa d@s Veciñ@s.

NOVAS CULTURA