Aberto o prazo para inscribirse no programa Benestar en Balnearios

Aberto o prazo para inscribirse no programa Benestar en Balnearios

Abril 20/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón ven de facer público un bando no que se informa de que a Consellería de Política Social abriu a convocatoria de prazas de Benestar en Balnearios. Estas prazas destínanse a persoas maiores de 60 anos e/ou a maiores de 55 anos pensionistas sempre que:

  • Poidan valerse por si mesmas
  • Non padezan enfermidades infecto contaxiosas nin trastornos que alteren a normal convivencia
  • Residan na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Efectúen a correspondente inscrición e aportación económica en prazo e forma, agás gratuidade de praza.
  • Tamén se poden beneficiar @s conxuxes d@s anteriores aínda que non cumpran o requisito de idade e non sexa pensionistas.

As solicitudes deben de presentarse nas dependencias municipais dos servizos sociais os luns e mércores en horario de 9.30 a 13.30. O prazo de remata o día 16 de maio para as quendas dos meses de maio e xuño e o día 31 de maio para as quedas dos meses de xullo a outubro.

Para a inscrición deben de presentar a seguinte documentación:

  • DNI ou NIF d@ solicitante e d@ acompañante
  • Declaración responsable do estado de saúde
  • Datos dun familiar ou persoa de contacto (nome, dirección e número de teléfono)


RELATED POSTS


Outras Novas