Abre o prazo de inscricións nas actividades de conciliación de verán

Abre o prazo de inscricións nas actividades de conciliación de verán

04 Xuño 2025/concello/Xeral

Este verán, dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos actividades para a cativada de 4 a 16 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. 

As actividades son entre semana dende o 23 de xuño ata o 5 de setembro. De 8:00 a 14:00 horas, ten lugar o Campamento de Verán. Polas tardes de 16:00 a 18:00 horas, ofrécense os luns, mércores e venres actividades de apoio socioeducativo, e os martes e xoves, actividades deportivas.

As inscricións deben facerse ata o 16 de xuño. As prazas son limitadas. Terán preferencia o alumnado do CEIP e as crianzas empadroadas no Concello da Pobra do Brollón. Se quedan prazas, se priorizarán crianzas con familia directa no municipio.

Para máis información e inscricións as familias interesadas poden contactar nas oficinas de Servizos Sociais do Concello, xa sexa presencialmente na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 1º andar; por teléfono no móbil 609 004 451 ou no fixo 982 430 447, ou ben por email no enderezo educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.

O programa 'a Guimaralia máis Corresponsable' está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.



RELACIONADO