Este martes 13 de xaneiro terá lugar unha charla sobre o avance na creación dunha comunidade enerxética na Pobra do Brollón. Será na Casa da Cultura 'Olga Novo' ás 20:00 horas e é aberta a toda a veciñanza que desexe acudir.
As comunidades enerxéticas son agrupacións para a produción de enerxía renovable para uso propio, individual e colectivo, co obxectivo de transitar cara a un modelo enerxético máis sostible, democrático e resiliente.
A Pobra do Brollón, xunto con outros 21 concellos rurais galegos, participa no proxecto piloto EC4RURAL, financiado polo programa LIFE e que se desenrola para definir modelos de comunidade enerxética adaptados a cada realidade local.
