Chegou o Festivaliño On The Road á Pobra do Brollón

Chegou o Festivaliño On The Road á Pobra do Brollón

Outubro 18/concello/Xeral

Hoxe o alumnado do C.E.I.P A Pobra do Brollón puideron facer de reporteiros e críticos de cine grazas á iniciativa Festivaliño On The Road. Tras percorrer 60 puntos de Galicia, este festival itinerante agora chegou ao noso concello. Trátase dunha proposta de distribución, exhibición e creación de cine infantil que forma parte do plan 'O Teu Xacobeo' para promover o Xacobeo 2021. 

Ao longo da mañá, os alumnos aprenderon a facer unha reportaxe audiovisual baseada en entrevistas, participando nos diferentes roles como o de director ou xornalista. Ademais do obradoiro audiovisual, os pequenos visionaron unha serie de curtas na caravana-cine do festival. Entre as películas seleccionadas están Cazatalentos (gañadora dun Goya a mellor curtametraxe de animación), e outras curtas internacionais como IanLa Petite Condonnier.

Despois do visionado, os estudantes votaron para valorar cada curta. O resultado da votación publicarase na web do Festivaliño, así como un resumo das reportaxes audiovisuais que crearon ao longo da mañá.



RELATED POSTS