Concurso de narración polo Día das Letras Galegas

Concurso de narración polo Día das Letras Galegas

Abril 29/concello/Cultura

A biblioteca pública municipal do Concello da Pobra do Brollón comunica que a Real Academia Galega traslada o acto do Día Das Letras Galegas 2020 para o sábado 31 de outubro debido a incerteza que provoca a pandemia do coronavirus.

Porén, para este 17 de maio, non queremos que esta crise empane a homenaxe que estaba preparada para Ricardo Carvalho Calero, polo que propoñemos esta iniciativa de divulgación do filólogo e profesor ferrolán, cun concurso de narración.

No concurso ‘Cóntanos algo sobre Ricardo Carvalho Calero’ poden participar tódolos nen@s ata os 16 anos. Haberá tres categorías: A: ata 8 anos; B: de 9 a 11 anos e C: de 12 a 16 anos.

Debe ser unha narración en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. 

Poden entregar cantos traballos desexen. Cada traballo debe ser acompañando cunha folla cos seus datos personais.

O prazo de presentación dos traballos rematará o día 13 de maiodebendo envialos ao correo da biblioteca  biblioteca@concellodapobradobrollon.gal.

O xurado premiará un máximo de tres traballos dentro de cada categoría. Os premios entregaranse aos gañadores cando a situación epidemiolóxica o permita.

Hase enviar unha comunicación a cada participante premiado, e farase público nas redes sociais do Concello. 



RELATED POSTS