Obradoiro de construción dun pandeiro cadrado

Obradoiro de construción dun pandeiro cadrado

10 Abril 2018/concello/Cultura

O Concello e a Escola de Música do Concello da Pobra do Brollón organizan un obradoiro de construción dun pandeiro cadrado. A actividade desenvolverase o día 15 de abril na Casa da Cultura en horario de 16.00 a 20.00 h.

Para participar é necesario inscribirse na biblioteca do concello ou chamando ao 982 43 00 01.

Para realizar un pandeiro de 35 x 35 cm. o importe da matrícula é de 55€ e de 60€ para un pandeiro de 38 x 38 cm.

O importe da matrícula aboarase o día do curso.



RELACIONADO