A unidade móbil de doazón de sangue estará na Pobra o luns 30

A unidade móbil de doazón de sangue estará na Pobra o luns 30

24 Maio 2022/concello/Xeral

A Unidade Móbil de doazón de sangue estará na Pobra do Brollón o luns 30 de maio. Estacionarase de 16:00 a 18:30 fronte ao cuartel da Garda Civil. 

Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, achégate pola Unidade Móbil. Só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros.

Para doar, hai que agardar 2 horas despois de xantar. Recorda levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.

Consulta máis información sobre a doazón de sangue neste enlace.



RELACIONADO