XXVIII Feira do Viño de Vilachá

XXVIII Feira do Viño de Vilachá

Abril 16/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón celebra a XXVIII Edición da Feira do Viño de Vilachá que terá lugar a primeira fin de semana de maio, os días 4 e 5.

O Sábado, día 4, farase a apertura das adegas e postos de comida ás 12:00h. Ás 18:00h haberá un pasarrúas cos grupos de Cantos de Taberna Os Somontanos, Skachacunchas, Os Parrandas, As Macizas Centrais, Os Tabernícolas, Son do Mao, Sómosche D´herbas e As Recuncadas, que amenizarán a xornada ata que ás 21:30h actúe o grupo Brassica Rapa. Ás 21.00 celebrarase unha gran chourizada.

O Domingo 5 abrirase a xornada ás 12:00h cunha alborada que levará a cabo o grupo de gaitas da Escola Municipal de Música. Ás 12:30h haberá un novo pasarrúas cos grupos de cantos de taberna Os Corenta e Cinco, Os Amigos do Caldeiro e As Searas que porán o ritmo e o ambente musical á feira ata as 13:00h momento no que a poeta da Pobra do Brollón, Olga Novo, levará a cabo o pregón da feira. Logo de xantar, cara ás 15:30h haberá unha nova actuación que levará a cabo a Charanga Terras do Bibei.

Lembrarvos que haberá servizo de autobuses desde A Pobra (concello) e desde Monforte (A Compañía). O Sábado a saída será ás 18:00h da tarde e o regreso ás 03:00h da madrugada. E o Domingo a saída será ás 12:00h e o regreso ás 21:00h

A Feira do Viño de Vilachá é unha das máis características e enxebres de Galicia por facerse nas centenarias adegas de Vilachá. Este enclave cheo de pedras e árbores centenarias garante unha fin de semana de etnografía, viño, paisaxe e diversión.

Agardámosvos a tod@s!!!



RELATED POSTS