Xornada sobre o aproveitamento da resina

Xornada sobre o aproveitamento da resina

Xuño 25/concello/Xeral

O concello da Pobra do Brollón organiza, en colaboración con Letme Soluciones, unha xornada forestal sobre actividade resineira, como complemento ao aproveitamento da madeira do piñeiro. A actividade desenvolverase este mércores día 27 na casa da cultura “Olga Novo” en horario de 19.00 a 21.00 h.

Na primeira ponencia falarase das posibilidades do aproveitamento resineiro en Galicia,imparte Érika Martínez, Enxeñeira de Montes, especializada en xestión de desenvolvemento sostible. Na segunda ponencia falarase doaproveitamento resineiro desde unha perspectiva práctica, correrá por conta de Xián Santos, Técnico Forestal especialista en aproveitamento resineiro.

O aproveitamento resineiro consiste no  aproveitamento da resina dos piñeiros compatibilizándoa co posterior aproveitamento madereiro. O aproveitamento da resina faise por pica de corteza ascendente cando os pinos teñen entre 20-25 e 30-35 anos.

O prezo actual da resina está entre 1 e 1,10€/quilo de resina, cada pino produce entre 2/3 quilos de resina. A actividade resineira en Galicia vai en aumento progresivo, sobre todo nos últimos 3 anos. Con este tipo de actividades preténdese valorizar o sector forestal, fixando poboación no rural, disminuindo a taxa de desemprego, as masas forestais abandonadas e o risco de incendios e aumentando  a productividade das masas de pino.



RELATED POSTS